Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h. de hoxe

0

Estabilizado un lume no concello coruñés de Boiro, parroquia de Cures, que afecta provisionalmente unhas 50 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h. de hoxe.

Estabilizado BoiroEstabilizado ás 8,45 h. desta mañá un lume que comezou ás 00,12 h. desta madrugada no concello coruñés de Boiro, parroquia de Cures. Segundo as primeiras estimacións afecta unhas 50 hectáreas de superficie. Esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada. No seu control participan 9 axentes, 8 brigadas, 8 motobombas e 2 pas.

Controlado VerínÁs 23,16 h. da noite quedaba controlado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Verín, parroquia de Vilamaior do Val. Iniciábase onte ás 15,39 h. e afecta, segundo as últimas estimacións provisionais, unha superficie de 66,01 hectáreas, das cales 22,46 son de monte arborado e 43,55 de monte raso. Esta medición tamén é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control mobilizáronse 1 técnico, 10 axentes, 14 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 8 helicópteros e 1 avión.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre