Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h. de hoxe

0

Activo un lume no concello de Muras, parroquia do Burgo, que afecta provisionalmente unhas 20 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h. de hoxe.

Activo MurasO incendio rexistrado no concello de Muras, parroquia do Burgo, comezou esta madrugada ás 2,21 h. e permanece activo arestora. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 20 hectáreas. Esta medición é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada. No seu control participan 1 técnico, 2 axentes, 11 brigadas, 2 motobombas e 1 pa.

Controlado Palas de ReiQuedou controlado ás 00,27 h. desta madrugada o lume rexistrado no concello de Palas de Rei, parroquia de Pambre, tras comezar onte ás 19,18 h. da tarde. Segundo novas estimacións, afecta unha superficie de 35 hectáreas, das cales 14 son de monte arborado e 21 de monte raso. Esta medición tamén é provisional ata que, unha vez rematado o lume, se parametrice a superficie final afectada. Para extinguir este incendio mobilizáronse 5 axentes, 13 brigadas, 4 motobombas, 1 pa e 5 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre