Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h de hoxe

0

Estabilizado o incendio na Illa de Ons, concello de Bueu, que afecta unhas 4 hectáreas do Parque Nacional das Illas Atlánticas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h. de hoxe.

ESTABILIZADOBueuEstabilizado desde as 00,12 h. desta madrugada o lume que comezou na tarde de onte na Illa de Ons, no concello pontevedrés de Bueu. Segundo as primeiras estimacións, afecta unhas 4 hectáreas do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Ata o momento mobilizáronse para a súa extinción 5 axentes, 13 brigadas e 1 motobomba.

EXTINGUIDOSVilar de BarrioExtinguido ás 22,19 h. de onte o lume que se iniciou o sábado no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau. A última medición indica que a superficie afectada foi de 550 hectáreas, das cales 30 arboradas e 520 de monte raso. Na súa extinción participaron 14 axentes, 34 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 14 avións.

LobiosExtinguido ás 22,02 h. de onte o lume orixinado o sábado no municipio ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo. A última medición indica que a superficie afectada foi de 2.000 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, das cales 200 arboradas e 1.800 de monte raso. Na súa extinción mobilizáronse 1 técnico, 41 axentes, 90 brigadas, 56 motobombas, 1 pa, 13 helicópteros e 8 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

MuíñosExtinguido ás 21,56 h. de onte o lume que entraba na madrugada do xoves no Parque Natural do Xurés, procedente de Portugal, afectando ao concello de Muíños, parroquia de Prado de Limia, e o limítrofe municipio de Lobios. A superficie afectada, tras a última medición, foi de 250 hectáreas de monte raso. No lugar traballaron 9 axentes, 24 brigadas, 14 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 7 avións.

MontederramoExtinguido ás 21,42 h. de onte o lume que comezaba o luns no municipio ourensán de Montederramo, parroquia de Gabín. Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 50 hectáreas, das cales 5 arboradas e 45 de monte raso. No lugar participaron 17 axentes, 27 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 7 helicópteros e 6 avións.

ManzanedaExtinguido ás 21,29 h. de onte o lume rexistrado o luns no municipio ourensán de Manzaneda, parroquia de Cernado. Segundo as últimas medicións, afectou unha superficie de 800 hectáreas de monte raso. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 11 axentes, 23 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 10 avións.

Tamén quedou extinguido ás 21,26 h. de onte o lume iniciado o luns neste municipio pero na parroquia de Paradela, ao que se lle uniu un terceiro orixinado na parroquia de San Martiño, o que evidencia a clara intencionalidade. Entre os dous sumaron unha superficie provisional dunhas 404,03 hectáreas, das cales 20,03 son arboradas e o resto de monte raso. No lugar interviñeron 1 técnico, 22 axentes, 45 brigadas, 30 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 4 avións.

Chandrexa de QueixaExtinguido ás 21,28 h. de onte o lume que se orixinou o domingo na parroquia de Queixa, concello ourensán de Chandrexa de Queixa. A última medición indica que a superficie afectada foi de 850 hectáreas, das cales 5 arboradas e 845 de monte raso. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 18 axentes, 35 brigadas, 12 motobombas, 2 pas, 12 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre