Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h de hoxe

0

Activos catro lumes en diferentes concellos da provincia de Ourense que en todos os casos superan as 20 hectáreas de afectación: Vilariño de Conso-parroquia de Sabuguido (máis de 20 ha), Laza-Camba (arredor de 40 ha), A Gudiña-Pentes (preto de 100 ha) e Vilar de Barrio-Rebordechao (tamén preto de 100 ha)

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h. de hoxe.

ACTIVOSVilariño de ConsoEstá activo, desde as 02,22 horas desta madrugada, un lume no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Sabuguido, que segundo as últimas estimacións supera as 20 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control lévanse mobilizado 2 axentes, 4 brigadas e 2 motobombas.

LazaPermanece activo desde as 20,29 horas de onte un incendio no municipio ourensán de Laza, parroquia de Camba, que afecta arredor de 40 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 13 axentes, 11 brigadas, 3 motobombas e 2 pas.

A GudiñaEstá activo dende as 20,47 h. de onte un lume no concello ourensán da Gudiña, parroquia de Pentes. As últimas estimacións provisionais indican que rolda as 100 hectáreas de superficie afectada. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 4 axentes, 11 brigadas, 7 motobombas e 1 pa. Este lume provocou que o tráfico se vira interrompido temporalmente onte á noite na autovía A-52, quedando de novo restablecido de madrugada.

Vilar de BarrioContinúa activo, dende as 11,52 h. de onte, o lume rexistrado no concello ourensán de Vilar de Barrio, parroquia de Rebordechau. De acordo coas últimas estimacións provisionais, afecta unha superficie de arredor 100 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 7 axentes, 22 brigadas, 10 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 12 avións.

LobiosDende as 19,40 h. de onte está activo un lume no municipio ourensán de Lobios, parroquia de Río Caldo, que afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés. Segundo as últimas estimacións, este incendio afecta unha superficie de menos de 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse ata o de agora 3 axentes, 8 brigadas e 3 motobombas.

ESTABILIZADOCuntisDende as 00,30 h. de hoxe está estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Cuntis, parroquia de Cequeril, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta arredor de 25 hectáreas. No seu control lévanse mobilizado ata o de agora 2 técnicos, 9 axentes, 26 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 5 avións.

CONTROLADOQuirogaEstá controlado dende as 20,27 h. de onte o incendio do concello lugués de Quiroga, parroquia do Hospital, que se iniciara o venres ás 00,03 h. Segundo as últimas medicións, afecta 53,09 hectáreas de superficie, das cales 34,12 son arboradas e as 18,97 restantes rasas. Para o seu control lévanse mobilizado 12 axentes, 38 brigadas, 22 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 6 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre