Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h de hoxe

0

Permanece activo o lume -procedente de Portugal- no concello da Mezquita, parroquia da Esculqueira que afecta unhas 130 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 09,00 h. de hoxe.

A MezquitaSobre as 12,30 h. do mediodía de onte entraba desde Portugal un lume no concello da Mezquita, parroquia da Esculqueira. Tras telo practicamente controlado, unha nova fronte procedente tamén do país veciño reactivou este lume. Así, segundo novas estimacións, a superficie afectada é dunhas 130 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control mobilizáronse 11 axentes, 25 brigadas, 12 motobombas, 3 pas, 12 avións e 9 helicópteros.

Vilariño de ConsoOs dous lumes rexistrados no concello de Vilariño de Conso quedaron controlados ás 8,36 h. da mañá, tras comezar o venres á noite con tres focos cada un deles. Segundo as últimas estimacións, as superficie afectadas son de 16,42 hectáreas no caso da parroquia de Castiñeira e de 45,39 hectáreas na de San Cristovo. En canto aos medios, lévanse mobilizado en total 12 axentes, 22 brigadas, 9 motobombas e 3 pas.

Chandrexa de QueixaTamén quedou controlado ás 20,52 h. o lume que comezaba ás 16,43 h. do venres no concello de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 40 hectáreas, das cales 1 son arboradas e 39 de monte raso. No control deste lume levan participado 7 axentes, 23 brigadas, 6 motobombas, 3 pas, 9 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre