Inicio Galicia A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con...

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08,30 h de hoxe

0

Activo un incendio no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Rubiais, que segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 40 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 08,30 h. de hoxe.

Viana do BoloEstá activo dende as 22,43 h. de onte un lume no municipio ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Rubiais, que segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de arredor de 40 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse polo de agora 4 axentes, 10 brigadas, 6 motobombas e 1 pa.

CualedroContinúa controlado dende o mediodía do pasado sábado o incendio forestal do concello ourensán de Cualedro, parroquia de San Millao. A última estimación da superficie afectada é de 1.535 hectáreas, das cales arredor de 525 son agrícolas e 1.010 forestais (unhas 960 rasas e arredor de 50 arboradas). Para o control deste lume mobilizáronse en total 2 técnicos, 54 axentes, 132 brigadas, 51 motobombas, 6 pas, 13 helicópteros e 13 avións, ademais de efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre