Inicio Galicia A Consellería do Mar destina 27.000 euros a melloras en seguridade viaria...

A Consellería do Mar destina 27.000 euros a melloras en seguridade viaria na ría de Arousa

0


A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, está a executar obras de reforzo da seguridade viaria por importe de 27.000 euros en diversos peiraos da ría de Arousa. Así o destacou o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita realizada esta semana a Vilanova de Arousa un dos portos beneficiarios destas actuacións.

Durán Hermida explicou que o seu departamento ten prevista a execución de melloras na sinalización horizontal dos peiraos de Pontecesures, Carril, Vilaxoán, As Sinas, Vilanova de Arousa e Tragove (Cambados). Estas actuacións atópanse xa en execución en varios casos e os restantes executaranse nas vindeiras semanas. Consistirán na limpeza e repintado da sinalización así como na delimitación de zonas de aparcadoiro e demais incidencias para o tránsito rodado. No caso de Vilanova de Arousa sinalizáronse de novo os pasos de peóns, as zonas de aparcadoiro na contorna da estación marítima e os sinais amarelos das zonas libres de tránsito.  

Leer más:  Ángel Pérez se perfila para sustituir a María José Gómez en la alcaldía de Guntín (Lugo)

- Te recomendamos -