Inicio Galicia A Consellería de Sanidade inicia hoxe a vacinación da gripe para o...

A Consellería de Sanidade inicia hoxe a vacinación da gripe para o colectivo do persoal

0
image_gallery.jpg

O vindeiro día 13 iníciase a campaña para toda a poboación


O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acudiu esta mañá a vacinarse da gripe no centro de saúde de Lavadores de Vigo, dentro da campaña de vacinación que está a levar a cabo o seu departamento para protexerse contra esta enfermidade. Comesaña destacou que vacinarse fronte á gripe este ano ten unha especial relevancia, xa que no contexto da pandemia polo COVID poden coincidir ambas infeccións, de aí a importancia da vacinación antigripal das persoas en risco e a redución da carga desta enfermidade.

Os profesionais sanitarios inician hoxe 5 de outubro a súa vacinación, co obxectivo de facilitar e favorecer a inmunización previa ao inicio da mesma. A poboación xeral, e especialmente os grupos de risco están chamados a vacinarse a partir do vindeiro martes 13 outubro. Galicia ten este ano un total de 865.830 doses dispoñibles para esta campaña, 200.830 doses máis que na campaña do 2019, e suficientes para conseguir e incluso incrementar estas altas coberturas propostas como obxectivo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre