Inicio Galicia A Consellería de Sanidade e o concello acordan as prioridades sanitarias do...

A Consellería de Sanidade e o concello acordan as prioridades sanitarias do Grove

0

O conselleiro de Sanidade solicitoulle ao rexedor municipal a cesión dunha parcela de 3.500 metros cadrados para construír un novo centro de saúde

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, recibiu onte pola tarde, no seu despacho de San Lázaro, ao alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos Rico, amosándose tanto o Sergas como o concello, ao remate da reunión, coincidentes nas prioridades sanitarias do municipio. Na xuntanza, o titular da carteira sanitaria do Executivo galego solicitoulle ao rexidor municipal a cesión dunha parcela de 3.500 metros cadrados, onde o Servizo Galego de Saúde poida proceder a construír un novo centro de saúde que garanta as necesidades asistenciais presentes e futuras da veciñanza do Grove.

Así mesmo, na reunión entre o conselleiro e o alcalde abordáronse posibles fórmulas para cubrir as vacantes de profesionais sanitarios deste concello como consecuencia das xubilacións no cadro de persoal. A tal efecto, o Servizo Galego de Saúde comprometeuse a realizar un estudio de necesidades, coa fin de poder cubrir ditas xubilacións. Cómpre remarcar que o Concello do Grove ten uns ratios tanto de médicos de familia como de pediatras moi bos, que, no caso de pediatría, se concreta en 662 nenos por pediatra, o que supón dos mellores de Galicia e de España.

O conselleiro sinalou na xuntanza que o problema da falta de profesionais sanitarios en determinadas especialidades, como é o caso de medicina familiar e comunitaria ou pediatría, é unha situación que se está a producir a nivel de todo o Sistema Nacional de Saúde e, ao respecto, a Administración sanitaria galega xa tomou diversas medidas para tratar de reducila na medida do posible, con ofertas públicas de emprego anuais esgotando a taxa máxima de reposición permitida pola lexislación estatal, coa ampliación da idade de xubilación ata os 70 anos, ou coa posta en marcha de contratos de continuidade de ata 3 anos de duración para médicos e enfermeiras.

Sanidade e concello do Grove acordaron que as dúas prioridades que centraron a xuntanza, a planificación da cobertura de xubilacións e a parcela para o novo centro de saúde, serán revisadas en próximas semanas. No que atinxe ao novo centro de saúde, cunha reunión entre técnicos do departamento de obras do Sergas e os técnicos do PXOM do Grove, para traballar na redacción dun anteproxecto. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre