Inicio Galicia A Consellería de Sanidade contará coa colaboración dos concellos no novo modelo...

A Consellería de Sanidade contará coa colaboración dos concellos no novo modelo de atención primaria

0

O titular da carteira sanitaria, Jesús Vázquez Almuiña, e o presidente da FEGAMP, Alfredo García, abordaron cuestións como unha mellor coordinación entre os traballadores sociais municipais e os dos centros de saúde


O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, mantivo hoxe unha xuntanza co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alfredo García, coa finalidade de invitar á colaboración dos concellos galegos, a través da devandita federación, a participar no novo modelo de atención primaria. Abordaron diversos aspectos relacionados co ámbito municipal que xurdiron nas propostas formuladas no proceso de participación interdisciplinar a través dos grupos de traballo.

Durante a reunión, plantexouse a coordinación entre os traballadores sociais dos concellos, os dos centros de saúde e os dos hospitais. Neste senso, coincidiron na necesidade de poñer en común todos os medios do ámbito sanitario e do municipal, para nunha fase posterior organizar protocolos de coordinación conxunta no ámbito comarcal e no local.

Tamén abordouse desenvolver o ámbito comunitario do novo modelo e deseñar as accións a aplicar a nivel local e comarcal, en materia de formación e información.

Outro dos aspectos tratados foi o establecemento do protocolo de mobilidade e estacionamento para persoal sanitario en visitas a domicilio de carácter programado ou urxente. O que se busca é que os profesionais sanitarios que se desprazan aos domicilios dos pacientes non se atopen con problemas á hora de estacionar os seus vehículos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre