Inicio Galicia A Consellería de Política Social visita a escola unitaria do concello de...

A Consellería de Política Social visita a escola unitaria do concello de Sobrado dos Monxes

0

O centro conta cunha unidade e 20 prazas


O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou hoxe a escola infantil de Sobrado dos Monxes, acompañado polo alcalde do municipio, Luis Lisardo Santos.

Perfecto Rodríguez aproveitou a visita para informarlle ao persoal da escola que a partir do vindeiro 1 de abril as familias non terán que pagar a atención educativa dos segundos fillos e sucesivos. Así mesmo, sinalou que esta medida será de aplicación automática nas escolas que xestiona a Xunta de Galicia, polo que as familias non teñen que realizar ningún tipo de trámite.

A escola que pertence á rede autonómica de escolas A Galiña Azul, conta cunha unidade e 20 prazas, das que na actualidade están ocupadas 14. Ademais, o vindeiro curso incrementará o horario e permanecerá aberto ata as 17.00 horas. Por esta razón será necesaria a incorporación dunha persoa de servizos xerais, a maiores da mestra e a educadora que actualmente traballan na escola.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre