Inicio Galicia A Consellería de Política Social reúnese con representantes dos traballadores e usuarios...

A Consellería de Política Social reúnese con representantes dos traballadores e usuarios da residencia Valle Inclán para buscar unha solución beneficiosa para estes dous colectivos

0

Nestes momentos a situación deste centro, clausurado administrativamente, está en mans da Xustiza e a Fiscalía xa iniciou dilixencias de investigación penal

O equipo técnico da Consellería de Política Social reuniuse hoxe con representantes dos traballadores e usuarios da Residencia Valle Inclán de Vilanova de Arousa para buscar unha solución que permita manter a oferta residencial en condicións de seguridade e calidade e garantir os postos de traballo. Esta xuntanza mantívose en cumprimento dunha proposición non de lei aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia o pasado 4 de abril.

Cómpre recordar que a situación da residencia Valle Inclán está en mans da Xustiza. A residencia está clausurada administrativamente pola inspección de servizos sociais da Administración autonómica, unha decisión que foi avalada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A Fiscalía Provincial de Pontevedra xa incoou dilixencias de investigación penal en relación á situación destas instalacións.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre