Inicio Galicia A Consellería de Política Social achegará 200.000 euros para o acondicionamento dun...

A Consellería de Política Social achegará 200.000 euros para o acondicionamento dun centro social no concello de Arbo

0

Ao longo deste primeiro trimestre formalizarase a firma do convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello


A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou hoxe durante unha visita ao municipio de Arbo, xunto ao alcalde, Horacio Gil, que a Xunta de Galicia investirá 200.000 euros para que o Concello poña en funcionamento un centro social para os maiores da localidade.

Fabiola García indicou que este investimento se materializará ao longo deste primeiro trimestre coa firma dun convenio entre ambas as dúas administracións. As obras de acondicionamento e xestión posterior do centro correrán a cargo do Concello.

O centro social destinado aos maiores da zona estará localizado nun inmoble adquirido polo Concello o pasado ano 2019 e que albergaba antigamente un local de hostalería. A nova infraestrutura contará con 569 metros cadrados distribuídos en dúas plantas, nas que se incluirá un salón social, unha cafetería, sala de rehabilitación, sala de audiovisuais e espazos para a lectura, entre outros compartimentos.

A conselleira subliñou a importancia da colaboración entre as administracións locais e a autonómica, que está permitindo a extensión de servizos tanto para as nenas e nenos como para os maiores por toda a xeografía galega, especialmente nos municipios do rural.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre