Inicio Galicia A Consellería de Medio Ambiente traballará co Concello da Cañiza para tratar...

A Consellería de Medio Ambiente traballará co Concello da Cañiza para tratar de habilitar máis solo industrial no municipio

0

Ángeles Vázquez reuniuse esta tarde co alcalde Miguel Adolfo Domínguez, quen lle trasladou o seu interese en dispoñer de parcelas para uso industrial capaces de albergar novas iniciativas empresariais


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, recibiu esta tarde ao alcalde da Cañiza, Miguel Adolfo Domínguez, quen lle trasladou o seu interese en dispoñer de máis solo industrial neste concello para poder acoller novas iniciativas empresariais.

Segundo lle explicou o rexedor á conselleira, actualmente A Cañiza ten xa ocupadas a maior parte das súas parcelas de uso industrial. Por esta razón e en resposta á súa demanda, Ángeles Vázquez comprometeuse a que o seu departamento traballará xunto aos técnicos municipais da Cañiza no estudo de distintas fórmulas que permitan poñer a disposición deste concello máis solo industrial en función da demanda existente.

Tal e como avanzou a conselleira na presentación dos orzamentos para 2019, un dos obxectivos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda é impulsar a creación de solo produtivo de forma ordenada e a súa posta a disposición nas condicións máis favorables posibles, dando continuidade á política de bonificación nos prezos de venda das parcelas dos parques empresariais dependentes do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e de Xestur.

Leer más:  El próximo sábado el nuevo alcalde de A Estrada (Pontevedra) tomará posesión y el miércoles lo hará el de Guntín (Lugo)

- Te recomendamos -