Inicio Galicia A Consellería de Medio Ambiente somete a información pública o anteproxecto da...

A Consellería de Medio Ambiente somete a información pública o anteproxecto da Lei de ordenación do territorio

0

Os interesados terán 20 días hábiles contados a partir de mañá para presentar as súas alegacións e suxestións ao documento

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio polo que se inicia e somete a información pública o anteproxecto da Lei de Ordenación do Territorio de Galicia, un texto que virá actualizar a normativa vixente nesta materia e que data xa do ano 1995.

Deste xeito, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda abre un prazo de 20 días hábiles a contar desde mañá para que todos os interesados poidan presentar alegacións ao documento normativo, que iniciou oficialmente a súa tramitación o pasado mes de setembro logo de que o Consello da Xunta así o autorizara.

Despois de máis de dúas décadas en vigor, resultaba imprescindible revisar e actualizar a Lei 10/1995 de ordenación do territorio de Galicia para poder contar cunha norma que ofreza solucións ás necesidades e problemáticas detectadas na comunidade.

Tal e como se recolle no título preliminar da futura norma, a racionalidade territorial debe entender o solo como un ben limitado e esgotable, polo que os principios e criterios que orientan a ordenación do territorio deben ser o desenvolvemento territorial sostible, a conservación e xestión dos recursos naturais e a cohesión social e económica.

Leer más:  Amazon inaugurará una estación logística adicional en Cambre (A Coruña)

Outro dos principios inspiradores da nova norma é a simplificación administrativa e o interese por acadar os principios de axilidade e eficacia, polo que para a tramitación dos diferentes instrumentos proponse unha integración da tramitación ambiental, o que fai que sexa un texto máis práctico e útil, sen necesidade de ter que consultar diversas normas.

Tamén se apostou por unha simplificación normativa, derrogando a Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia; e incorporando a regulación que respecto dos plans e proxectos sectoriais se contén actualmente no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

Asemade, a futura LOT aposta pola seguridade xurídica e a transparencia, polo que o Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia -xa en funcionamento- pasaráa acoller tamén os instrumentos de ordenación do territorio, como requisito da súa entrada en vigor, de xeito que se reforza a seguridade xurídica e facilita a información a toda a cidadanía dos instrumentos aprobados definitivamente.

Leer más:  El fuego en A Fonsagrada (Lugo) ha sido controlado después de arrasar 65 hectáreas

- Te recomendamos -