Inicio Galicia A Consellería de Medio Ambiente informa favorablemente o proxecto de Adif para...

A Consellería de Medio Ambiente informa favorablemente o proxecto de Adif para a mellora da liña de ferrocarril entre Monforte e Ourense

0

Os traballos serán acometidos por Adif nos noiros de once trincheiras da vía da citada liña, ao seu paso polos concellos da Peroxa, Coles e Ourense, na que se produciron deslizamentos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de emitir o informe favorable para a reparación por parte de Adif de noiros na liña ferroviaria entre Monforte e Ourense, ao seu paso polos concellos de Coles, Ourense e A Peroxa.

Adif solicitara á Dirección Xeral de Patrimonio Natural a autorización necesaria para levar a cabo a estabilización dos noiros de once trincheiras da vía da citada liña na que se produciron deslizamentos.

Os traballos, que se efectuarán entre os puntos quilométricos 34+750 e 43+220, teñen como obxectivo restituír os parámetros de estabilidade e seguridade óptimos, así como evitar o deterioro das infraestruturas.

O informe precisa que este proxecto non se localiza no marco de ningún espazo natural protexido nin afecta a áreas protexidas da Rede Natura 2000. Tampouco se aprecia incidencia sobre especies pertencentes ao catálogo galego de árbores singulares.

A Xunta vén demandando a mellora das conexións ferroviarias na comunidade galega, entre elas a modernización da liña entre Lugo e Ourense, para proporcionarlles aos cidadáns uns servizos máis eficientes, competitivos e mellor adaptados ás súas necesidades.

O Goberno galego defende a prioridade da conexión de Lugo con Madrid en alta velocidade, a través de Monforte e Ourense, estendendo así os beneficios económicos e sociais do AVE á provincia lucense.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre