Inicio Galicia A Consellería de Infraestruturas inicia hoxe as obras de renovación extraordinaria do...

A Consellería de Infraestruturas inicia hoxe as obras de renovación extraordinaria do pavimento da autovía do Salnés que suporá un investimento de máis de 5,1 millóns de euros

0

Estenderase unha nova capa de rodadura en toda a lonxitude da autovía e nos ramais de enlace

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inicia hoxe as obras de renovación extraordinaria do pavimento da AG-41, a Autovía do Salnés, que suporá un investimento de máis de 5,14 millóns de euros.

Trátase dunha actuación prevista no contrato de concesión desta infraestrutura autonómica, que será executada, por tanto, pola sociedade concesionaria, de acordo cun proxecto supervisado e aprobado pola Axencia Galega de Infraestruturas.

As obras executaranse en dúas fases: a primeira comeza hoxe e prolongarase ata a primeira semana de xullo. Nese momento quedarán interrompidas para evitar as molestias aos condutores durante as semanas de máis tráfico do verán e se retomarán, xa nunha segunda fase, no mes de setembro.

Esta renovación extraordinaria de pavimento supón estender unha nova capa de rodadura en toda a lonxitude da Autovía do Salnés nos seus ramais de acceso. Ademais, repararanse os danos no firme e se procederá ao fresado dos tableros dos pasos superiores e inferiores e reporanse as xuntas de dilatación.

Xunto con isto, está previsto acometer o repintado de todas as marcas viarias da Autovía, e colocar novos captafaros. Finalmente, se realizarán melloras puntuais de drenaxe de auga de chuvia.

As obras teñen un prazo de execución total de 8 meses, pero estímase que coa planificación aprobada poderán estar rematadas este mesmo ano 2019.

Coa fin de minimizar a afección ao tráfico no período estival, os traballos comezarán polos fresados e as reparacións puntuais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre