Inicio Galicia A Consellería de Infraestruturas convoca aos alcaldes da comarca da Coruña para...

A Consellería de Infraestruturas convoca aos alcaldes da comarca da Coruña para abordar conxuntamente a prolongación da vía ártabra ata a AP-9

0

Están convocados os representantes dos municipios da Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada

Santiago, 17 de setembro de 2018.- A Consellería de Infraestruturas e Vivenda convocou hoxe aos alcaldes da comarca da Coruña para abordar conxuntamente a situación en torno ao proxecto de prolongación da Vía Ártabra ata a AP-9.

Esta actuación proxectada pola Xunta de Galicia, consistente en conectar a AP-9 coa N-VI a través da Vía Ártabra, é unha obra fundamental para a mobilidade, a competitividade e, sobre todo, para a seguridade viaria da comarca da Coruña, na que se prevé un investimento autonómico de 35 millóns de euros.

O Goberno galego ten xa rematado o proxecto construtivo da actuación e se atopa en disposición de licitar as obras unha vez que dispoña da necesaria autorización do Ministerio de Fomento, como administración titular das dúas estradas afectadas, a N-VI e a AP-9.

Sen embargo, as alegacións formuladas por Audasa ao proxecto, e que a Xunta entende motivadas unicamente polo seu interese económico como concesionaria da AP-9, manteñen bloqueada a emisión da dita autorización.

Leer más:  Pedro Blanco anticipa que habrá más arrestos durante la operación en marcha contra los fabricantes de 'narcolanchas'

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, trasladoulles hoxe aos representantes dos concellos da Coruña, Abegondo, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada, a convocatoria para unha xuntanza sobre este asunto a vindeira semana, nun día aínda por concretar. 


- Te recomendamos -