Inicio Galicia A Consellería de Educación remite ao Concello de Cambados a firma do...

A Consellería de Educación remite ao Concello de Cambados a firma do convenio para a construcción do novo comedor do CEIP San Tomé

0

A Xunta solicita así ao concello a súa dispoñibilidade de crédito para dar inicio a la tramitación das obras

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, informou esta mañá que a Consellería de Educación acaba de remitir ao concello de Cambados a firma do convenio que permitirá a execución do novo comedor do CEIP San Tomé.

O documento, xa aprobado pola administración autonómica, ten agora que ser ratificado polo concello de xeito que certifique a dispoñibilidade de crédito para o inicio do procedemento administrativo que permitirá a fiscalización dos traballos e a adxudicación das obras.

O convenio contempla que o orzamento da execución do novo comedor será de 120.000 euros que será sufragado ao 50% por ambas administracións.

A obra consistirá na reorganización interior dunha parte do centro, para dotalo dun comedor e dunha aula de atención educativa. A intervención terá lugar nunha zona na que, actualmente, atópase unha vivenda que non ten uso, e no entorno dos aseos xerais. Tamén se ampliará o espazo ocupando parte do patio cuberto existente. O obxectivo do proxecto é destinar un espazo de case 210 metros cadrados para comedor, de xeito que sexa o suficientemente amplo para comedor e para que conte con outro espazo para atención educativa. Ademais, disporanse aseos accesibles para persoas con discapacidade e se reservará un espazo para a Anpa do centro.

O establecemento do servizo de comedor escolar no CEIP San Tomé dará resposta ás demandas da comunidade educativa.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre