Inicio Galicia A Consellería de Educación publica o decreto polo que se aproba a...

A Consellería de Educación publica o decreto polo que se aproba a oferta de emprego público docente

0

Convocaranse 2.064 prazas en 35 especialidades


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o Decreto polo que se aproba a oferta de emprego público (OPE) correspondente a prazas de persoal funcionario dos corpos docentes, a maior da última década. En total serán 2.064 as prazas que convoque a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, en 35 especialidades. Do total das prazas desta oferta de emprego público, 1.122 son relativas á taxas de reposición, 666 á estabilización de emprego temporal e 276 son prazas de promoción interna.

Tras a OPE está previsto que a taxa de interinidade acade, aproximadamente o 7%, de tal forma que Galicia seguirá sendo a Comunidade Autónoma con menor porcentaxe de interinos entre o seu profesorado. Esta convocatoria, unida á oferta do maior número de prazas vacantes ao concurso de traslados da historia de Galicia, suporá unha maior estabilidade para os docentes galegos e, polo tanto, unha maior calidade do sistema educativo.

A previsión é que a convocatoria saia publicada no Diario Oficial de Galicia no primeiro trimestre do ano, co fin de que as probas se realicen unha vez remate o curso escolar.

A distribución de prazas por especialidades é a seguinte:Corpo de profesores de ensino secundario

Normal

0

false

false

false

GL

X-NONE

X-NONE

Especialidade

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre