Inicio Galicia A Consellería de Educación inviste 98.000 euros en diversas melloras en centros...

A Consellería de Educación inviste 98.000 euros en diversas melloras en centros educativos da capital luguesa

0

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que actualmente hai obras en execución nos CEIP Anexa e As Mercedes e acaban de rematar actuacións en Paradai e no CIFP Politécnico

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional promove diversas obras de mellora en centros educativos da capital luguesa cun investimento conxunto de 98.000 euros.

Segundo explicou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, actualmente está en execución o pavimentado dunha pista exterior no CEIP Anexa e o acondicionamento de ventás nas aulas de infantil do CEIP As Mercedes, onde tamén está proxectado pintar o comedor.

Estes traballos súmanse aos que remataron recentemente no CEIP Paradai, no que se acometeu unha reforma de aseos que incluíu alicatados, solo, novos sanitarios e melloras nas instalacións de fontanería, calefacción, saneamento e electricidade.

O departamento de Educación tamén vén de finalizar melloras no Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Politécnico. Neste edificio fixéronse obras de reforma en dúas aulas e no corredor de acceso a estas.

Leer más:  Formoso espera que Sánchez siga y acusa al PP de rebasar todas las líneas rojas

Estas iniciativas encádranse no programa de conservación e mantemento que executa a Consellería na provincia de Lugo. Balseiro sinalou que a Xunta traballa para “introducir constantes melloras nas instalacións e equipamento dos centros educativos públicos, para ofrecer ao alumnado e ao profesorado instalacións que respondan ás súas necesidades e que favorezan a aprendizaxe nun entorno atractivo e confortable”.


- Te recomendamos -