Inicio Galicia A Consellería de Educación destinará 440.000 euros aos Premios de Excelencia Académica...

A Consellería de Educación destinará 440.000 euros aos Premios de Excelencia Académica do alumnado universitario de grao

0

Carmen Pomar presidiu hoxe o seu primeiro Consello Galego de Universidades, no que explicou que estes galardóns recoñecerán o rendemento do estudantado


A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, presidiu hoxe o seu primeiro Consello Galego de Universidades (CGU), no que anunciou que o seu departamento ten preparada unha partida de 440.000 euros para os Premios de Excelencia Académica ao alumnado universitario de grao. O galardón enmárcase no Plan para a excelencia do Sistema Universitario de Galicia (SUG) 2018/20 e ten como obxectivo recoñecer o traballo dos estudantes máis destacados de cada curso –agás os de último curso no que poden optar aos premios extraordinarios fin de carreira– de cada unha das titulacións de grao que se imparten nas universidades galegas.

Nesta primeira edición premiaranse os mellores expedientes en cada un dos graos no curso 2017/18. Serán as universidades quen seleccionen os expedientes académicos das persoas que, superando a totalidade dos créditos correspondentes a un curso académico completo segundo o plan de estudos na primeira convocatoria, obtivesen a maior nota media, sempre superior aos 8 puntos. Cada persoa que resulte premiada recibirá unha dotación económica de 1.000 euros.

Leer más:  El PP denosta la alianza europea del BNG, al que ven "más cerca del terrorismo que de los gallegos"

A conselleira quixo salientar ademais que o vindeiro ano o SUG marcará un récord no que a financiamento se refire. Non en balde, a Xunta de Galicia destinará un total de 432 millóns de euros dos seus orzamentos para dar cumprimento ás disposicións do Plan Galego de Financiamento Universitario 2016-2020, unha cifra que marca un fito nas transferencias ás universidades na nosa comunidade.

Acceso á universidadePor outra banda, Carmen Pomar informou aos membros do CGU de que, en cumprimento do mandato do Parlamento de Galicia, a Consellería elevou ao Ministerio de Ciencia Innovación e Universidades a proposición non de lei aprobada na Cámara galega para que, dentro do marco do Pacto Social e Político pola Educación, se articule un procedemento de acceso á universidade no que as probas de acceso garantan o mesmo nivel de esixencia e a igualdade de oportunidades para todos os alumnos independentemente de en que comunidade autónoma residan.

O obxectivo é poñerlles fin ás desigualdades nas notas medias acadadas polo alumnado, dependendo de onde se presenten aos exames, o cal repercute de xeito especial no acceso a determinadas titulacións cunha maior demanda no Sistema Universitario Español.

Leer más:  PPdeG considera que el pacto BNG-Bildu-ERC demuestra que están "desconectados de la Galicia mayoritaria"

No marco do CGU comunicouse, así mesmo, a solicitude de recoñecemento da Universidad Internacional de la Empresa (UIE), promovida pola Fundación Galicia Obra Social-Afundación. Nestes momentos a Secretaría Xeral de Universidades está a analizar a documentación presentada, co obxecto de emitir o preceptivo informe previsto no procedemento administrativo de recoñecemento de universidades privadas regulado na normativa vixente.

Modificación e verificaciónNa xuntanza informouse tamén sobre as solicitudes de verificación ou modificación dos plans de estudos que teñen neste momento en marcha as universidades galegas, un total de 43 expedientes.

A Universidade da Coruña presentou un total de 13 solicitudes, dos que 8 son para a modificación de graos, 3 son para a oferta de novas titulacións (Grao en Ciencia e Enxeñaría de Datos, Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos e Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación) e outras 2 para modificar máster.

Pola súa parte, a Universidade de Santiago de Compostela presentou un total de 22 solicitudes, 2 delas para graos novos (Grao en Robótica e Grao en Xestión Cultural) e 4 novos máster (Enxeñaría de Procesado de Alimentos, Química na Fronteira coa Bioloxía e a Ciencia de Materiais, Psicoloxía e Visión por Computador). Os restantes expedientes son para a modificación de 4 graos, a reverificación de 3 máster e a modificación de 6 máster e 3 programas de doutoramento.

Leer más:  Cierran la Playa de As Catedrais este jueves por el fuerte temporal

Finalmente, a Universidade de Vigo presentou un total de 8 solicitudes, 2 delas para máster novos (Industria 4.0 e Xestión e Dirección de Sistemas e Tecnoloxías da Información e as Comunicacións e Seguridade da Información), un para o novo programa de doutoramento en Turismo (conxunto da USC, UVIGO e 12 universidades españolas) e os restantes para a modificación de 3 graos, un programa de doutoramento e un máster.

Revogación de titulaciónsNo transcurso da xuntanza informouse favorablemente a revogación da autorización de impartición de 159 programas de doutoramento (39 da UDC, 75 da USC e 45 da UVigo) que iniciaron o proceso de extinción no curso 2013/14. Así mesmo, foi aprobada a proposta de revogación das seguintes titulacións:

Normal

0

21

false

false

false

ES

X-NONE

X-NONE

TITULACIÓN


- Te recomendamos -