Inicio Galicia A Consellería de Educación convoca as Olimpíadas de FP, Galiciaskills 2020

A Consellería de Educación convoca as Olimpíadas de FP, Galiciaskills 2020

0

O campionato desenvolverase no mes de novembro en Silleda


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de convocar o 6º Campionato Galego de Formación Profesional Galiciaskills 2020, a olimpíada autonómica de Formación Profesional da que saíran os representantes galegos nas Spainskills 2021. O obxectivo deste campionato é darlle unha maior proxección e difusión á FP que se imparte na nosa Comunidade Autónoma. Galiciaskills 2020 celebrarase en Silleda, no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, no mes de novembro de 2020.

Trátase dun campionato eminentemente práctico que consistirá no desenvolvemento de 30 competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional, nas que o alumnado participante medirá as súas destrezas e demostrará as súas capacidades na realización das correspondentes probas. As modalidades de competicións nas que se pode inscribir os centros de FP son as reflectidas no seguinte cadro:  Áreas de actividade

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre