Inicio Galicia A Consellería de Educación comproba a organización do CEP Altamira de Salceda...

A Consellería de Educación comproba a organización do CEP Altamira de Salceda para adaptarse ao protocolo da covid-19

0
image_gallery.jpg

O xefe territorial, César Pérez Ares, achegouse hoxe ata o colexio pontevedrés no marco da rolda de visitas que se están a realizar por todos os centros da provincia


O xefe territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, César Pérez Ares, achegouse hoxe ata o CEP Altamira na localidade de Salceda de Caselas para coñecer de primeira man a organización do equipo directivo para adaptarse ás medidas que marcan o Protocolo fronte á COVID-19.

Unha visita que se enmarca na rolda que se está a realizar desde o departamento autonómico por todos os centros da Comunidade co obxectivo de garantir un inicio de curso seguro a nivel sanitario e dentro da máxima normalidade posible dentro do contexto actual.

Deste modo, Pérez Ares puido comprobar in situ o plan organizativo que está levando a cabo o equipo directivo deste colexio de acordo co Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de Ensino non Universitario de Galicia para o curso 2020-2021, elaborado polas Consellerías de Educación e de Sanidade.

Segundo dixo, o CEP Altamira conta cun plan de continxencia no que se recolle de forma exhaustiva a redistribución de espazos e as medidas a adoptar a nivel de grupos, os medios de protección, a limpeza, o uso de espazos ou o protocolo de actuación en caso de detectarse algunha incidencia.

Con todo, Pérez Ares lembrou que o propio Protocolo xa especifica que todas as medidas nel recollidas poden ser obxecto de revisión continua en función da evolución do risco sanitario e das decisións que adopten as autoridades sanitarias autonómicas e estatais. Polo tanto estas medidas iranse actualizando cando sexa necesario, se os cambios na situación epidemiolóxica así o requiren e sempre seguindo as indicacións das autoridades sanitarias.

E tal e como facía onte en Cambados a conselleira Carmen Pomar, insistiu en que como medida de reforzo de espazos e persoal docente, o sistema público galego contará con 158 unidades (grupos de clase) máis nas etapas de Infantil, Primaria e ESO, así como con 240 novos mestres que se incorporarán a partir de setembro. Precisamente unha desas novas unidades que se habilitan serán para o CEP Altamira, que o vindeiro curso pasará a ter unha aula máis en quinto curso de Primaria.

Renovación dos aseosPor outra banda, o xefe territorial tivo a oportunidade de abordar co equipo directivo do centro Altamira a necesidade de renovación dos aseos, un compromiso adquirido polo departamento autonómico e no que se está traballando para executar a máxima brevidade posible. Así, Pérez Ares trasladou á dirección do CEP que a unidade técnica está xa a traballar no proxecto de renovación e mellora nos aseos, que conta cunha inversión xa autorizada de máis de 40.000 euros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre