Inicio Galicia A Consellería de Educación avalía co equipo directivo do CPI de Pazos...

A Consellería de Educación avalía co equipo directivo do CPI de Pazos de Borbén a aplicación do protocolo anticovid

0
image_gallery.jpg

O xefe territorial de Educación visitou este centro en compaña do alcalde da localidade que se comprometeu a colaborar na limpeza e desinfección


O xefe territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, visitou hoxe o CPI de Pazos de Borbén, co obxectivo de coñecer a aplicación do protocolo anticovid para a volta ás aulas neste centros educativo.

Na visita, o xefe territorial estivo acompañado polo alcalde da localidade, Andrés Iglesias, así como pola tenente alcalde, Eloisa Nogueira, e o equipo directivo do centro.

Durante esta visita analizouse a aplicación do protocolo anticovid para a volta as aulas que está a aplicar este centro educativo, destacando que xa conta co seu grupo covid, e co responsable que se encargará de conectar co Punto de Atención Continuada.

O centro conta cun plan de continxencia no que se recolle de forma exhaustiva a redistribución de espazos e as medidas a adoptar a nivel de grupos, os medios de protección, a limpeza, o uso de espazos ou o protocolo de actuación en caso de detectarse algunha incidencia.

Tamén organizaron xa as entradas e saídas diferenciadas, e porá en marcha o servizo de comedor escolar que conta con 230 usuarios. Para garantir a seguridade distribuiranse en dúas quendas, Infantil e Primaria e por outra banda Secundaria, e separarase aos comensais con pantallas de metacrilato.

O xefe territorial destacou o traballo que está a realizar o equipo directivo deste CPI directivas destes tres centros e insistiulles na importancia de que os alumnos e alumnas leven a cabo unha limpeza habitual e correcta de mans. Neste senso, os representantes municipais trasladaron a súa colaboración nas tarefas de limpeza e mantemento do centro educativo.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre