Inicio Galicia A Consellería de Educación adxudica por máis de 576.000? a rehabilitación enerxética...

A Consellería de Educación adxudica por máis de 576.000? a rehabilitación enerxética do CEIP Plurilingüe de Palmeira (Ribeira)

0

A previsión é executar as obras durante o verán e que estean listas para o inicio do curso escolar


A Coruña, 26 de maio de 2020.- O delegado territorial da Coruña, Ovidio Rodeiro, mantivo esta mañá un encontro por videoconferencia co alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas e con representantes do equipo directivo e da Anpa do CEIP Plurilingüe de Palmeira (Ribeira) para informarlles que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar na plataforma Contratos de Galicia a adxudicación da rehabilitación enerxética do por un importe de 576.767,71 €.

Ovidio Rodeiro destacou o enorme esforzo que se está facendo para reactivar todas as obras en Galicia e puntalizou que “Galicia foi das primeiras comunidades autónomas en levar ao Consello da Xunta as obras consideradas esencias para poder avanzar, canto antes, por unha banda na recuperación sanitaria e por outra na recuperación económica”.

A actuación centrarase en mellorar a eficiencia enerxética do centro mediante a aplicación de illamento exterior continuo tipo SATE de poliestireno expandido EPS, a substitución das das actuais fiestras por unhas novas de carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e vidro dobre baixo emisivo e a instalación de luminarias de alta eficiencia enerxética. Substituiranse tamén as actuais persianas, coas súas caixas e mecanismos de accionamento, por unhas novas de lamas de aluminio inxectadas con espuma de poliuretano para mellora do seu illamento térmico. Todas estas medidas combinadas supoñen un aforro enerxético anual do 39,57% en consumo de enerxía primaria e do 41,88% en emisións de CO2.

A maiores instalaranse falsos teitos cun sistema rexistrable de paneis acústicos autoportantes de lá de roca en aulas, colocarase pavimento vinílico e repararanse e pintaranse os paramento interiores.

Segundo as previsións que manexa a Consellería, as obras realizaranse no verán y estarán listas para o inicio do curso escolar. Os traballos teñen un prazo de execución de 2,5 meses. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre