Inicio Galicia A Consellería de Cultura inviste máis de 33.000? para levar a cabo...

A Consellería de Cultura inviste máis de 33.000? para levar a cabo a renovación e mellora do Hórreo de Carnota

0

Ovidio Rodeiro visitou as obras que se están executando para que este hórreo, declarado Monumento Nacional, recupere todo o seu esplendor e siga sendo un dos maiores atractivos turísticos da comarca


O delegado da Xunta de Galicia na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá as obras que se están realizando no Hórreo de Carnota, considerado un dos máis grandes do mundo. O representante do Goberno autonómico informou que a Consellería de Cultura e Turismo está levando a cabo actuacións, dentro do plan de rehabilitación previsto, para este monumento que consisten na renovación da cuberta, na mellora da cantería de do pavimento e na reforma da estrutura e entaboado de madeira e reparación dos danos producidos polos movementos na cornixa pola perda de material e roturas na cantería próxima ás portas. “Con esta actuación, afirmou Ovidio Rodeiro, queremos que este monumento recupere todo o seu esplendor e siga sendo un dos principais atractivos turísticos da comarca”. A actuación, que se está levando a cabo, conta cun orzamento de máis de 33.000 euros e están financiadas polo Goberno autonómico.

Ovidio Rodeiro lembrou que o hórreo de Carnota foi construído por Gregorio Quintela con pedra en sillería entre 1760 e 1763. É de planta rectangular, e mide 34,74 metros de longo e 1,90 de anchos, con 22 pares de alicerces, e tres portas. Pola súa simboloxía, conservación e arquitectura, foi declarado Monumento Nacional.

O delegado territorial apuntou que “os edificios e monumentos que integran o patrimonio histórico de Galicia representan un elemento que pertence á historia e á tradición dun país, motivo principal polo que debemos preservalos, para deixarllo ás futuras xeracións”. Neste senso, rematou sinalando que “coidar o patrimonio é coidar do noso rural e da nosa tradición porque é moi importante que as nosas parroquias manteñan a súa memoria e identidade máis profunda”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre