Inicio Galicia A Consellería de Cultura e Turismo financia un documental sobre a Vía...

A Consellería de Cultura e Turismo financia un documental sobre a Vía Künig ao abeiro do programa ?O teu Xacobeo?

0

O delegado territorial, José Manuel Balseiro, participou hoxe na presentación do proxecto, pensado para a súa difusión en televisión


A Consellería de Cultura e Turismo financiou con preto de 5.000 euros a elaboración do documental Vía Künig: 500 anos de peregrinación, que propón o redescubrimento desta ruta descrita no século XV polo monxe alemá que lle da nome.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, participou na presentación do documental que tivo lugar hoxe en Lugo, xunto co director, Jaime Pardo, o produtor e guionista Alfonso Díez, e o historiador Javier Gómez Vila, entre outros.

Hermann Künig iniciou a viaxe de ida a Compostela en Einsiedeln, preto de Lucerna, onde se acha a gran abadía da nosa Señora dos Ermitáns, primeiro centro mariano de Suíza desde o medievo e punto de arranque da peregrinación cara a Santiago nesta parte de Europa.

Ao regreso, redactou unha guía de peregrinos que inclúe a variante polos concellos das Nogais, Becerreá, Baralla, O Corgo e Lugo, un texto versificado que se imprimiu por primeira vez en 1495, en Estrasburgo, e que foi moi popular entre os viaxeiros de fala alemá. Nas dúas décadas seguintes efectuáronse catro edicións máis, a última en Leipzig, en 1521. Balseiro gabou a iniciativa e sinalou que “Lugo é unha provincia cruzada polas rutas Xacobeas, e todos os proxectos que supoñan sumar nesta experiencia serán benvidos”. O delegado lembrou que neste momento está aberta a segunda convocatoria do programa “O teu Xacobeo” e o prazo de solicitudes remata o 30 de decembro, e invitou a sumarse “ao tecido asociativo, ás administracións, empresas e a todas as persoas que teña unha idea que compartir en torno ao Xacobeo”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre