Inicio Galicia A Consellería de Cultura e Turismo asiste á posta en marcha da...

A Consellería de Cultura e Turismo asiste á posta en marcha da Rede de Destinos Turísticos Intelixentes na que participa Galicia

0

A Administración autonómica apoia así aos destinos galegos que apostan por mellorar a experiencia do turismo mediante a innovación e sustentabilidade

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asistiu hoxe en Madrid á constitución dos órganos de goberno da rede de Destinos Turísticos Intelixentes (DTI), un proxecto para a modernización tecnolóxica do sector turístico no que inicialmente están integrados diferentes destinos das provincias de Ourense e Pontevedra, xunto a preto de 70 lugares de toda España.

A Consellería de Cultura e Turismo apoia así aos destinos galegos que apostan por mellorar a experiencia do turismo mediante a innovación e sustentabilidade aliñándose así cos compromisos da Xunta de Galicia que fixa a Estratexia de Turismo de Galicia 2020.

Tras o lanzamento da rede DTI o pasado mes de outubro, o acto de hoxe serviu para constituír de maneira oficial este órgano operativo impulsado pola Secretaría de Estado de Turismo que asesorará sobre calidade, solucións tecnolóxicas e capacitación dixital, entre outras.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre