Inicio Galicia A Consellería de Cultura colaborará co reacondicionamento da antiga azucreira de Portas

A Consellería de Cultura colaborará co reacondicionamento da antiga azucreira de Portas

0

O investimento, de máis de 40.000 euros, irá dirixido a solucionar o deterioro dalgunhas zonas do edificio que acolle o auditorio municipal

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o alcalde de Portas, Víctor Estévez, asinaron hoxe un convenio de colaboración a través do cal o departamento de Cultura da Xunta de Galicia colaborará no reacondicionamento da antiga Azucreira desta localidade pontevedresa que acolle, entre outras infraestruturas, o auditorio municipal. Ao acto asistiu o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

O convenio leva consigo un investimento por parte da Consellería de 40.974,33 euros, que o Concello destinará a mellorar a sinalización exterior da Azucreira así como a solucionar os problemas de deterioro nas zonas de paso, ocasionados pola entrada de humidades.

Cómpre salientar que, logo de anos en desuso, a antiga Azucreira foi adquirida polo Concello, que acometeu a súa rehabilitación conservando a edificación orixinal dándolle un uso sociocultural e lúdico. Polo tanto, colaborar na rehabilitación deste edificio supón apoiar que nesta localidade se poda desenvolver unha oferta cultural variada e adaptada ás necesidades dos veciños.

Leer más:  La Xunta defiende que el sacrificio de 40 vacas en Manzaneda "cumple" la normativa y pide "no hacer demagogia"

Con esta nova colaboración a Consellería completa o acordo asinado o ano pasado, dun importe de 31.000 euros, que tiña como obxecto realizar obras tanto nestas instalacións – en concreto, instalar un sistema de iluminación para teatro– como na Casa da Cultura de Portas.

A participación da Xunta nesta iniciativa enmárcase dentro das liñas de actuación da Consellería de Cultura e Educación para garantir unhas infraestruturas de carácter sociocultural en condicións óptimas ao servizo da cidadanía e, de forma xeral, asegurar o acceso á cultura en igualdade de condicións de todos os galegos e de garantir que estas actuacións respondan ás demandas sociais da poboación.  


- Te recomendamos -