Inicio Galicia A conselleira de Medio Ambiente e a alcaldesa de Lousame analizan a...

A conselleira de Medio Ambiente e a alcaldesa de Lousame analizan a implantación dun punto limpo móbil no Concello

0

Ángeles Vázquez reuniuse coa rexedora María Teresa Villaverde para estudar posibles vías de colaboración do seu departamento en varios proxectos municipais


A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Lousame, María Teresa Villaverde, reuníronse esta tarde para analizar a posibilidade de implantar un punto limpo móbil neste concello coruñés no marco da nova orde de axudas que convocará o próximo ano a Xunta para financiar este tipo de instalacións.

Cómpre lembrar que esta será a primeira vez que a Consellería de Medio Ambiente poña a disposición dos concellos unha liña de subvencións co fin de favorecer a instalación de puntos limpos móbiles, unha modalidade xa presente nalgunhas cidades galegas pero que grazas a esta orde poderá estenderse a partir do próximo ano a concellos máis pequenos e que non dispoñan de punto limpo fixo na actualidade.

Por este motivo e ante o interese amosado pola alcaldesa, Ángeles Vázquez emprazouna a solicitar o próximo ano estas axudas e contribuír, deste xeito, a favorecer a adecuada recollida, clasificación e preparación para a súa reutilización de parte dos residuos que se xeran no seu termo municipal.

Leer más:  Rescatan a un hombre tras precipitarse por un barranco el coche que conducía en Covelo (Pontevedra)

Outros asuntosEntre outros asuntos abordados na reunión, a alcaldesa tamén informou á conselleira sobre varias actuacións medioambientais que ten en proxecto o concello co fin de poñer en valor San Lourenzo, un sobreiral centenario de gran beleza. Concretamente, Villaverde explicoulle que, entre outras cuestións, barállase realizar unha plantación de castiñeiros, habilitar unha aula medioambiental, ou mellorar a sinalización do afloramento granítico de Confurco, tamén localizado nesta zona.

A conselleira, pola súa parte, comprometeuse a estudar con atención todos os proxectos que ten en marcha o Concello de Lousame para a zona de San Lourenzo e a analizar se existe algunha posible vía de colaboración a través da cal a Consellería de Medio Ambiente podería participar nos mesmos.


- Te recomendamos -