Inicio Galicia A Conselleira de Infraestruturas pide comparecer a petición propia no Parlamento para...

A Conselleira de Infraestruturas pide comparecer a petición propia no Parlamento para informar das medidas da Xunta pola emerxencia do río Eume e do abastecemento a Pontedeume

0
image_gallery.jpg

Ethel Vázquez dará conta das circunstancias que teñen motivado a declaración de emerxencia e das medidas que xa está a executar a Xunta para modernizar a potabilizadora municipal


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, comparecerá, a petición propia, no Pleno do Parlamento para informar da situación e das medidas adoptadas polo Goberno galego ante a situación de turbidez do río Eume e o seu impacto no abastecemento de auga en Pontedeume.

A Xunta rexistrou a solicitude de comparecencia na que a titular de Infraestruturas e Mobilidade dará conta na Cámara autonómica das circunstancias que teñen motivado a declaración de emerxencia por parte de Augas de Galicia o pasado día 13 de outubro, trasladando toda a información ao respecto.

Na súa comparecencia, a titular de Infraestruturas e Mobilidade exporá as medidas e decisións adoptadas desde un primeiro momento por parte do Goberno galego, en colaboración co Concello de Pontedeume e coa concesionaria do servizo municipal da auga para paliar a situación, e o apoio prestado ao Concello no desenvolvemento das súas competencias municipais.

Tamén afondará nas actuacións que xa ten en marcha Augas de Galicia na planta de tratamento de auga potable municipal, para dotala dunha cámara de mestura rápida. Precisamente á modernización da planta de tratamento municipal irán destinados a maior parte dos 1,5 millóns de euros que a Xunta ten previsto investir no marco da emerxencia declarada sobre o río Eume e o abastecemento de Pontedeume.

Ethel Vázquez informará da incoación dun expediente sancionador á empresa que explota o encoro do Eume por ter incumprido os requirimentos que se lle efectuaron desde Augas de Galicia e da decisión da Xunta de repercutirlle todos os gastos derivados da situación de emerxencia.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre