Inicio Galicia A conselleira de Infraestruturas informa ao alcalde da Estrada do avance nos...

A conselleira de Infraestruturas informa ao alcalde da Estrada do avance nos traballos para impulsar conxuntamente os dous primeiros treitos da prolongación da autovía AG-59

0

Trátase dun total de 7,5 quilómetros de vía de altas prestacións libres de peaxe, entre A Ramallosa e o enlace coa PO-841


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, informou hoxe ao alcalde da Estrada, José López Campos, do avance nos traballos destinados a impulsar conxuntamente os dous primeiros treitos da continuación da autovía AG-59 (Santiago-A Estrada).

Na xuntanza, na que tamén participou o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, explicouse que a Xunta está a traballar de forma simultánea na tramitación de dous treitos, concretamente, o primeiro, entre o final do treito da autovía xa en servizo, na Ramallosa, e o enlace coa estrada autonómica AC-241; e o segundo, entre ese enlace e a conexión coa PO-841.

O impulso conxunto de ambos os dous treitos, que suman 7,5 quilómetros de vía de altas prestacións libre de peaxe, ten por obxectivo garantir a funcionalidade das obras e, ao mesmo tempo, evitar os posibles problemas de tráfico na AC-241.

A conselleira lembrou que actualmente a Xunta está a avanzar no pago das expropiacións correspondentes ao primeiro dos treitos, que conta xa cun Decreto de Utilidade Pública aprobado que permitiu xa activar o pago de 1,3 millóns de euros aos propietarios dos terreos afectados, todos eles no término municipal de Teo.

Ademais, informou de que a previsión da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade é tramitar proximamente o Decreto de Utilidade Pública referente ao segundo dos subtreitos e iniciar tamén o pago das expropiacións correspondentes.

Xunto con isto, a Axencia Galega de Infraestruturas atópase actualmente inmersa no traballo de redacción dos proxectos construtivos de ambos os dous treitos, actualizando e adaptando á normativa vixente os documentos técnicos. Ambos os dous proxectos serán sometidos a información pública antes da súa aprobación definitiva.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre