Inicio Galicia A confraría de Ferrol benefíciase desde hoxe do novo carro varadoiro para...

A confraría de Ferrol benefíciase desde hoxe do novo carro varadoiro para o mantemento e reparación de embarcacións

0


A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, asinou hoxe a recepción técnica que dota o porto de Ferrol dun carro varadoiro con cabestrante para mantemento e reparación de embarcacións de pesca de ata 20 toneladas e de ata 12,7 metros de eslora total. Este é un paso administrativo obrigatorio que permite a entrada en funcionamento deste equipamento que dará servizo aos armadores. Supón un investimento de máis de 60.000 euros e responde a unha demanda do sector da zona.

O carro varadoiro conta con dobre carril e móvese por medio dun cabestrante ao que vai enganchado. Con el contribúese á mellora da seguridade e as condicións de traballo dos pescadores. Esta actuación realízase dentro da planificación do Programa de Equipamentos nos Portos Pesqueiros de Galicia a desenvolver co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. Este programa inclúe as intervencións precisas para dotar ou mellorar as instalacións que prestan servizos ás embarcacións e aos sectores pesqueiro e marisqueiro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre