Inicio Galicia A Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas apoia á candidatura da Ribeira...

A Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas apoia á candidatura da Ribeira Sacra á patrimonio da Unesco

0

Así quedou plasmado hoxe coa sinatura do presidente da CECRV, David Palacios, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez do Documento de Adhesión

A Conferencia Española de Consejos Reguladores Vitivinícolas, que participou estes días na Ribeira Sacra da XXIV Asemblea Xeral deste organismo e representa a 52 Consellos Reguladores dun total de 54 denominacións de orixe vitivinícolas, ven de apoiar a través da sinatura do Documento de adhesión á candidatura da paisaxe cultural da Ribeira Sacra no seu percorrido cara á inclusión da mesma na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.

Así o referendaron esta mañá, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o presidente da CECRV, David Palacios, coa sinatura do Documento de Adhesión da CECRV á candidatura da paisaxe cultural da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da UNESCO que suma á causa o apoio dunha asociación que representa os intereses de preto de 110.000 viticultores que comercializan o 98% da produción nacional de viño con denominación de orixe e da que a DO Ribeira Sacra.

O conselleiro agradeceu o apoio da CECRV, que representa a un sector “moi importante no económico e no cultural” e destacou o legado vitícola da Ribeira Sacra “que é pasado presente e futuro desta zona”, forxado sobre a resilencia de moitas xeracións de galegos “que configuraron unha paisaxe cultural viva, plenamente recoñecible nos socalcos que, como mastabas naturais, configuran esta extraordinaria paisaxe”. No acto tamén tomou parte o delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro.

Unha viticultura heroicaNa devandita adhesión destácase que a Ribeira Sacra é un exemplo excepcional dun poboamento tradicional da Europa Atlántica, representativo da interacción do ser humano co medio, ao intervir este na construción de terrazas monumentais nas ladeiras dos canóns do Sil e o Miño. E cualifícao como un “sobranceiro espazo no que desde tempos inmemoriais se desenvolve unha cultura vitícola, cun traballo, intelixencia e tesón mantido no tempo que a fixo merecente do apelativo de heroica”.

Finalmente, explícase que a Ribeira Sacra constitúe unha testemuña excepcional da cristianización da Península Ibérica e a paisaxe simbólica máis occidental da Europa continental, grazas a uns conxuntos de orixe relixiosa sobreabundantes e de extraordinaria singularidade nesta terra. Un patrimonio construído que ilustra 1.500 anos de historia nos que na Ribeira Sacra medrou “un bosque de igrexas”, ilustrativo da riqueza e variedade da arquitectura románica dos séculos XII e XIII.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre