Inicio Galicia A Comisión provincial de vivenda aprobou as listas definitivas de adxudicatarios de...

A Comisión provincial de vivenda aprobou as listas definitivas de adxudicatarios de vivendas de promoción pública en Ribadumia e Vilagarcía de Arousa

0

En Ribadumia adxudicaranse dúas vivendas e en Vilagarcía catro

A Comisión provincial de vivenda aprobou esta semana a lista definitiva de adxudicatarios de vivendas de promoción pública correspondentes aos concellos de Ribadumia e Vilagarcía de Arousa.

En Ribadumia aprobouse unha lista definitiva de catro adxudicatarios para as dúas vivendas de promoción pública, de tres dormitorios, dispoñibles para adxudicación; mentres que en Vilagarcía son catro as vivendas dispoñibles e aprobouse unha lista con dezasete adxudicatarios, de maneira que si os primeiros da lista renuncian á vivenda adxudícase ao primeiro da lista de espera, sen que sexa preciso iniciar un novo procedemento de adxudicación que alargaría o proceso de entrega de chaves. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre