Inicio Galicia A Comisión Galega de Control da Violencia resolve os seus primeiros expedientes...

A Comisión Galega de Control da Violencia resolve os seus primeiros expedientes sancionadores con multas de 150 euros e a prohibición de asistir a espectáculos deportivos nun mes

0

Respecto aos outros expedientes abertos na reunión previa da Comisión Galega de Control da Violencia séguense a realizar investigacións para resolvelos canto antes


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presidiu na mañá de hoxe a terceira xuntanza da Comisión Galega de Control da Violencia na que se resolveron os dous primeiros expedientes sancionadores primeiro da súa historia por dúas faltas cualificadas como leves aos dous actores denunciados. A sanción polos feitos cometidos é dunha multa de 150 euros así como a prohibición de asistir ao recinto deportivo durante o prazo dun mes.

O expediente resolto vén dos feitos ocorridos o 24 de novembro de 2018 no campo de fútbol de Cabreche (A Pobra do Caramiñal) cando os dous denunciados pola Garda Civil alentaron aos demais espectadores a incorrer en actitudes violentas. Respecto aos outros expedientes abertos na reunión previa da Comisión Galega de Control da Violencia séguense a realizar investigacións para resolvelos canto antes.

Nas súas verbas, o secretario xeral para o Deporte, neste caso como presidente da Comisión Galega de Controla da Violencia volveu insistir na “responsabilidade na salvagarda dos valores esenciais no deporte”. “Hai unha radical incompatibilidade entre deporte e calquera forma de violencia polo que debemos actuar con contundencia e con firmeza pero tamén desde o sosego e a proporcionalidade”, sentenciou. Neste sentido cualificou esta primeira decisión da Comisión como “un fito moi importante” e advertiu de que “a Comisión seguirá traballando día a día para que ningún suceso violento quede impune. Debemos mandar unha mensaxe clara de tolerancia cero fronte a calquera conduta violenta no deporte”.

Cómpre lembrar que a Comisión está formada por membros da Secretaría Xeral para o Deporte e doutros estamentos da Administración Pública (Interior e Educación), das federacións deportivas galegas, das facultades de ensinanza universitaria do deporte, do Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia, así como deportistas e xuíces.

Asuntos novosNesta terceira reunión da Comisión estudáronse ademais outros trece expedientes novos producidos nas últimas datas dos que tamén se abriron dilixencias. Os casos analizados foron a denuncia por lesións leves debidas a unha agresión no partido de fútbol de primeira autonómica xuvenil Milladoiro – Bertamiráns; cinco denuncias a cinco afeccionados por desobedecer á autoridade provocando perigo para si mesmos e para as persoas que realizaban a proba do Rally de San Froilán; dúas denuncias a dúas persoas por infrinxir a Lei contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte no Rally de San Froilán; dúas denuncias á mesma persoa por perturbación da seguridade cidadá en espectáculos deportivos e por desobediencia ou resistencia á autoridade tamén no Rally de San Froilán; a denuncia a un afeccionado por condutas que ocasionan graves riscos ás persoas no Rally de Noia; e, por último, intentos de agresión ao árbitro das semifinais da Copa da Costa no partido Camariñas – Cabana.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre