Inicio Galicia A Comisión Europea elixe a BFA como aceleradora de referencia nos premios...

A Comisión Europea elixe a BFA como aceleradora de referencia nos premios Startup Europe Awards

0

Estes galardóns teñen como obxectivo proxectar a nivel europeo as startups e empresas innovadoras de distintas rexións

A Comisión Europea vén de elixir a Business Factory Auto como aceleradora de referencia nos premios Startup Europe Awards, unha competición internacional organizada pola Comisión Europea e a Fundación Finnova que ten entre os seus obxectivos proxectar a nivel europeo as startups e empresas innovadoras de distintas rexións. A BFA, que impulsan PSA, CEAGA, o Consorcio Zona Franca e a Xunta, convértese así no primeiro socio rexional vinculado á automoción que colabora nesta iniciativa, tal e como se anunciou na Semana Europea do Comité das Rexións.

A BFA elixirá as startups galegas que competirán polo premio á mellor startup de España nas diferentes categorías. Outorgaralles un galardón de 5000 euros para formación e poderán acceder a redes europeas ou viaxar á Comisión Europea para coñecer os fondos de apoio a proxectos innovadores. As categorías que optarán a este galardón da Business Factory Auto serán seis: enerxía, Internet das cousas, cidades intelixentes, clima, social, e ciberseguridade. O comité executivo da BFA será o responsable de seleccionar os mellores proxectos de cada unha delas.

Leer más:  Un conductor se sale de la carretera y se choca contra la mediana en Toén (Ourense)

A través desta iniciativa, a aceleradora pretende apoiar aos proxectos participantes na súa proxección internacional. A Business Factory Auto, que está a celebrar xa a súa terceira edición, acadou nas dúas convocatorias anteriores a creación de 22 novas empresas que levan xerado 150 postos de traballo e que facturan máis de 10 millóns de euros. Ademais, o 30% das empresas que participaron nas dúas primeiras edicións xa exportan a outros países. Esta terceira convocatoria, con 20 iniciativas, é a máis internacional, posto que participa un proxecto de Dubai e outro de Alemaña.


- Te recomendamos -