Inicio Galicia A Comisión Europea apoiará un proxecto para facilitar a libre circulación de...

A Comisión Europea apoiará un proxecto para facilitar a libre circulación de menores na Eurocidade Cerveira-Tomiño

0

O proxecto, presentado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, foi seleccionado dentro da convocatoria do programa ‘B-solutions’

A Comisión Europea apoiará, no marco do programa B-solutions, un proxecto presentado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP, AECT) que ten como obxectivo facilitar a libre circulación de menores na Eurocidade Cerveira-Tomiño.

O proxecto presentado pola AECT ten como obxectivo simplificar a mobilidade transfronteiriza dos menores para facilitar os intercambios culturais, deportivos ou educativos. Foi desenvolvido en colaboración coa Eurocidade Cerveira-Tomiño e coa Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte (CCDR-N).

A raíz deste proxecto foi a constatación por parte dos concellos de Vila Nova de Cerveira e Tomiño de que os requerimentos para realizar intercambios escolares entre menores de idade é un dos maiores obstáculos para unha fluída relación transfronteiriza. A súa eliminación ou simplificación permitiría incrementar a cooperación nos programas escolares, culturais e deportivos. Deste xeito, veríase beneficiada a Eurocidade no seu conxunto e tamén se aumentaría a cohesión territorial, social e económica.

Resolver este tipo de problemáticas é, precisamente, o obxectivo do programa B-solutions, impulsado pola Comisión Europea e xestionado pola Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE). Esta iniciativa xurdiu co obxectivo de identificar e promover a resolución de obstáculos transfronteirizos de carácter xurídico e/ou administrativo ao longo das fronteiras internas da Unión Europea.

A través da convocatoria, proporciónase aos beneficiarios asesoramento de expertos legais sobre o obstáculo específico. Deste xeito, os expertos proporcionarán apoio para definir o obstáculo, identificar a solución e esbozar un marco legal para proceder.

O programa B-solutions tivo ata agora dúas convocatorias: a primeira, en 2018, destinada a proxectos piloto; e agora en 2019 para proporcionar asesoramento legal.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre