Inicio Galicia A Comisión Escolar de Alertas suspende mañá as actividades no exterior nos...

A Comisión Escolar de Alertas suspende mañá as actividades no exterior nos centros educativos nas zonas decretadas con alerta laranxa

0

O adverso meteorolóxico afecta ao oeste da provincia da Coruña, á Mariña de Lugo e á montaña de Ourense


A Comisión Escolar de Alertas suspenderá mañá martes as actividades no exterior dos centros educativos radicados nas zonas decretadas con Alerta Laranxa por refachos de vento superiores a 100 km/hora, desde as 9,00 horas ata as 21.00 horas.

Segundo o establecido por MeteoGalicia, este adverso afectará as zonas de predición meteorolóxica do oeste da provincia da Coruña, a Mariña luguesa e montaña da provincia de Ourense.

En todo caso, as direccións dos centros escolares das zonas excluídas desta alerta poderán adoptar as decisións que estimen oportunas se consideraran un risco superior ao declarado.

A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre