Inicio Galicia A Comisión de Seguimento dos GES acorda constituír un GES en Moraña...

A Comisión de Seguimento dos GES acorda constituír un GES en Moraña para dar cobertura á comarca do Ulla-Umia

0

A proposta aprobouse, sen votos en contra, logo da renuncia do concello de Caldas a acoller este servizo de emerxencias


A Comisión de seguimento dos Grupos Supramunicipais de Emerxencias (GES), na que están representados Xunta, deputacións e Fegamp, acordou hoxe constituír un GES en Moraña para dar cobertura á comarca do Ulla-Umia.

A proposta da Xunta aprobouse sen votos en contra e cos votos a favor da Administración autonómica, deputacións provinciais da Coruña e Ourense. Trala aprobación, será comunicado ao concello, que terá que ratificar a decisión. Posteriormente, procederase á contratación dos efectivos e á súa formación.

A ubicación do novo servizo en Moraña cumpre os criterios técnicos e, ademais, permite un reparto máis equitativo da poboación atendida por cada un dos GES resultantes da nova configuración no ámbito do Ulla-Umia.

Así, o novo GES conlevará unha restruturación do ámbito de actuación das sedes. Actualmente, a configuración é a seguinte. O GES de Valga cubría Valga, Pontecesures, Catoira, Caldas de Reis e Portas; o de Padrón, ao propio Padrón, Rois e Dodro; e o da Estrada, á Estrada, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Forcarei, Teo, Vedra e Moraña.

Coa ubicación do GES en Moraña, este prestará servizo a Caldas de Reis, Portas e Catoira, tal e como facía anteriormente o GES de Valga. Ademais, mellorará o tempo de resposta a Campo Lameiro, Cuntis e Moraña (anteriormente adscritos ao GES da Estrada), que pasarán a depender do GES de Moraña, xunto con Barro.

Pola súa banda, os concellos de Valga e Pontecesures poderán adscribirse de forma prioritaria ao GES de Padrón, con mellores tempos de resposta, e, subsidiariamente ao GES de Moraña. Polo tanto, o GES de Padrón pasaría a cubrir Padrón, Rois e Dodro, como ata o de agora, e sumaría a Valga e Pontecesures.

Por último, con esta solución, o GES da Estrada aliviaría a súa carga de concellos, xa que Campo Lameiro, Cuntis e Moraña, que ata agora dependían del, pasarán a ser atendidos polo GES de Moraña. Así, o GES da Estrada quedaría cos concellos da Estrada, Cerdedo-Cotobade, Forcarei, Teo e Vedra.

Deste xeito, tal e como explicou o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, ao remate da reunión, esta nova ubicación suporá “unha mellora na atención, non só nos concellos nos que anteriormente se prestaba, pero tamén na totalidade da zona”. Así, a solución adoptada permite “unha mellor atención aos cidadáns, un mellor reparto da poboación e uns mellores tempos de reposta para a totalidade dos concellos”Renuncia de CaldasCómpre recordar que o pasado mes de decembro a Comisión de seguimento reuniuse e aprobou, por unanimidade, que o concello de Caldas de Rei fose sede dun GES, tras a renuncia de Valga.

Recentemente, o alcalde de Caldas manifestou o seu rexeitamento a acoller este servizo de emerxencias, a pesar de ter mostrado a súa conformidade nun primeiro momento. Ante esta decisión, a comisión do GES volveuse reunir co obxectivo de acordar o máis rápido posible unha solución, para evitar que a comarca do Ulla-Umia se manteña sen cobertura de emerxencias, como leva pasando estes dous meses, desde que en decembro se acordara crear un novo servizo en Caldas.

As condicións son as mesmas para todos os concellos que contan cun GES, un servizo que permite dotar de medios profesionais en materia de emerxencia a aqueles municipios que o acollen.

Os GES comezaron a funcionar na nosa comunidade no ano 2013, complementando o mapa de emerxencias que cubre o territorio galego, e ofrecendo así unha resposta áxil e eficaz a todos os cidadáns galegos ante calquera incidencia. A súa posta en marcha foi consensuada entre Xunta, Deputacións e concellos. O goberno galego, ademais de colaborar financeiramente no mantemento deste servizo, encárgase da formación do persoal a través da Academia Galega de Seguridade Pública e cédelles equipamento e material de atención ás emerxencias.*A continuación, inclúense uns cadros explicativos coa configuración vixente dos GES, e coa configuración da nova proposta.

Configuración vixente dos GES:   Zona O Sar-CaldasZona ValgaSubzona Tabeirós- Terra de Montes PadrónValgaA Estrada RoisPontecesuresCampo Lameiro DodroCatoiraCerdedo-Cotobade  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre