Inicio Galicia A Comisión de Seguimento do Protocolo de colaboración en política lingüística reúnese...

A Comisión de Seguimento do Protocolo de colaboración en política lingüística reúnese en Bilbao

0

Os representantes dos gobernos de Euskadi, Navarra, Galicia, Cataluña, Illas Baleares e Comunidade Valenciana celebraron a súa reunión ordinaria anual para coordinar acciones conxuntas de promoción


A Comisión de Seguimento do Protocolo de colaboración en materia de política lingüística no que participan os gobernos de Euskadi, Galicia, Cataluña, Navarra, Illas Baleares e Comunidade Valenciana celebraron hoxe no Arquivo Histórico de Euskadi a súa reunión ordinaria anual para abordar diferentes temas de interese para as políticas lingüísticas das súas respectivas comunidades e deseñar e coordinar acción conxuntas de promoción das súas linguas propias. Nesta sesión de traballo, os gobernos das seis comunidades autónomas acordaron una declaración na que subliñan “o seu compromiso de seguir traballando por una política lingüística eficaz”, sobre a base do “acuerdo e a convivencia lingüística”.

Ao encontro asistiron Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Bingen Zupiria, conselleiro de Cultura e Política Lingüística do Goberno Vasco; Miren Dobaran, viceconselleira de Política Lingüística do Goberno Vasco; Mikel Arregi, director xerente do Instituto Navarro do Éuscaro/Euskarabidea; Ester Franquesa, directora xeral de Política Lingüística da Generalitat de Cataluña; Agustina Vilaret, secretaria de Universidade, Investigación e Política Lingüística do Governo das Illas Baleares; Beatriu Defior, directora xeral de Política Lingüística do Governo das Illas Baleares; e Rubén Trenzano, director xeral de Política Lingüística e Xestión do Multilingüismo da Generalitat Valenciana.

Temas abordados na xuntanzaOs temas tratados na reunión foron o próximo informe de seguimento da aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, a habilitación directa de tradutores xurados ou as solicitudes de tradución ao Ministerio de Política Territorial e Oficina das Linguas do Goberno español; a Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD, nas súas siglas en inglés), na que participan conxuntamente; a posibilidade de deseñar e implementar proxectos conxuntos no marco do Plan de impulso das tecnoloxías da linguaxe e outros proxectos europeos; a solicitude ao Ministerio de Educación e Ciencia para que se contemplen las linguas oficiais nos Premios Arquímedes; a concesión do Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado, que conceden os gobernos no marco do Protocolo, á música galega Guadi Galego, polo seu último traballo Inmersión, no que recolle pezas cantadas en sete linguas da Península Ibérica (galego, éuscaro, catalán, aranés, asturiano, portugués e castelán) e o plan de traballo conxunto para o ano 2020.

Convivencia lingüística e socialNo mesmo acto, os representantes autonómicos fixeron pública la Declaración de Bilbao, na que recordaron que “comparten a perspectiva de multilingüismo, respecto mutuo e acción decidida en favor das linguas en situación de maior debilidade”. O texto destaca que os gobernos autonómicos, “desde diversas sensibilidades e opcións políticas, actuamos desde o convencemento de que a convivencia entrelas linguas e os seus falantes, o seu mutuo coñecemento e recoñecemento, así como o enriquecimiento recíproco, son valores do máis fondo calado democrático” e nel os responsables referendan e reforzan hoxe, doce anos despois da sinatura do Protocolo, o seu “compromiso de seguir traballando por unha política lingüística resolta e eficaz, construída sobre o acuerdo e coa convivencia lingüística e social como norte”.

Protocolo de colaboraciónNo ano 2007 a Xunta de Galicia, o Goberno Vasco e a Generalitat de Cataluña asinaron o Protocolo xeral de colaboración en materia de política lingüística, ao que posteriormente se adheriron o Governo das Ilas Baleares e, en 2017, a Generalitat Valenciana e o Goberno de Navarra. Constitúe o primeiro marco de colaboración de todas as comunidades autónomas con lingua propia que teñen estatus de oficialidade nos termos establecidos nos correspondentes estatutos de autonomía.

O protocolo fixa un marco xeral e unha metodoloxía para o desenvolvemento da colaboración mutua en materia de comunicación, o intercambio de información relativa a estudos e investigacións para o seguimento da evolución sociolingüística, a difusión das súas publicacións electrónicas, os pasos dados no ámbito dos dereitos lingüísticos e as experiencias de implantación de plans lingüísticos.

En materia de terminoloxía, contémplase nel o intercambio de información sobre as metodoloxías e os procesos de traballo, os criterios para a normalización terminolóxica, as estratexias de difusión e implantación de terminoloxías e os métodos de seguimento do nivel de implantación.

No relativo á protección e uso das linguas oficiais no ámbito da Administración do Estado e da UE, promoverase que estes adopten medidas e accións normativas e que se posibilite o emprego das linguas oficiais distintas ao castelán nas súas institucións.

Outros aspectos contemplados son o ámbito socioeconómico, o ensino, as tecnoloxías da información e da comunicación, o uso social da lingua ou a súa difusión internacional.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre