Inicio Galicia A Comisión de Seguimento do Plan de transporte metropolitano acorda por unanimidade...

A Comisión de Seguimento do Plan de transporte metropolitano acorda por unanimidade solicitar a incorporación do concello de Vigo para ofrecerlles aos veciños da cidade e da área servizos mellores e igualitarios

0

Vázquez Mourelle chama ao Concello de Vigo a recapacitar e activar a entrada do autobús urbano no plan para que os veciños desta cidade e de toda a área teñan as mesmas vantaxes que os do resto de municipios que están integrados

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, e o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves, participou hoxe na Comisión de Seguimento do Plan de Transporte Metropolitano da área de Vigo, que acordou por unanimidade solicitar ao Concello de Vigo a súa incorporación para ofrecerlles aos veciños da cidade e da área servizos mellores e igualitarios.

Vázquez Mourelle salientou que a negativa do Concello de Vigo a incorporarse a este plan social impide que os veciños desta cidade e de toda a súa área teñan as mesmas vantaxes que os do resto de municipios que están integrados.

Nesta reunión a Xunta deu resposta á solicitude de boa parte dos 12 concellos da área para abordar, de modo prioritario e urxente, a situación xerada coas bonificacións no autobús urbano da cidade coa chamada tarxeta Passvigo.

A conselleira sinalou que a xustiza xa se ten pronunciado, anulando cautelarmente o requisito de empadroamento que esixía o Concello para acceder a esta tarxeta, pois a lexislación básica estatal di que o transporte público ten un prezo e que é o mesmo para todos os cidadáns, independentemente do lugar en que residan.

Concretou que ningunha cidade de Galicia ten prezos diferentes no autobús urbano en función do empadroamento dos cidadáns. Así, non é necesario estar censado nin na Coruña, nin en Lugo, nin en Santiago, nin en Ourense para acceder ás tarxetas do bus urbano destas cidades. Matizou que outra cousa diferente, si permitida pola lei, é que os concellos establezan bonificacións concretas para colectivos sociais vulnerables, como os mozos, os maiores ou parados, pero non ten nada que ver coa discriminación que pretendía o Concello de Vigo cos veciños dos municipios da área.

Este asunto suscitaba gran preocupación nos veciños dos outros concellos, pola diferenciación e os prexuízos que lles ocasionaba, ao non poder acceder aos descontos no bus urbano que empregaban cada día, pero o pronunciamento da xustiza anulando o requisito de empadroamento requirido polo concello evita que Vigo siga aplicando esta discriminación no autobús urbano.

Ethel Vázquez tamén aproveitou esta reunión para trasladarlles aos concellos que o Goberno galego está a desenvolver a 2ª fase do Plan de transporte público de Galicia, de cara ao fin das concesións, no ano 2019. Precisou que é un bo momento para analizar conxuntamente as necesidades actuais e futuras en canto ao transporte en autobús na área de Vigo.

A Xunta vén de abrir o 1º dos dous procesos de participación pública nos que calquera administración, colectivo ou participar pode facer achegas ata o 31 de maio. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre