Inicio Galicia A Comisión asesora de publicidade non sexista atendeu 82 denuncias desde a...

A Comisión asesora de publicidade non sexista atendeu 82 denuncias desde a súa constitución

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, precisou hoxe nunha resposta parlamentaria que o obxectivo deste órgano é velar pola erradicación do sexismo nas mensaxes publicitarias

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, sinalou hoxe que a Comisión asesora de publicidade non sexista ten atendido un total de 82 denuncias desde a súa constitución en novembro de 2014. Nunha resposta parlamentaria, a responsable autonómica precisou que no que vai de ano se recibiron 10 queixas; mentres que en 2017 a cifra ascendeu a 21, a maioría relacionadas con carteis e anuncios con connotación sexistas.

Este órgano, dependente do Observatorio Galego de Violencia de Xénero, ten como principal obxectivo erradicar o sexismo das mensaxes publicitarias e promover a implantación de accións que favorezan a eliminación da discriminación por razón de sexo entre as persoas. Trátase dunha acción de gran relevancia en tanto a publicidade é unha técnica de comunicación masiva que pode transmitir roles discriminatorios e imaxes estereotipadas.

Así, entre outras funcións, esta Comisión encárgase de canalizar as denuncias que se reciben en materia de publicidade. Cando se recibe unha queixa neste sentido, o órgano analiza o contido da mesma en relación a normativa vixente. Se conclúe que se presenta as mulleres de forma vexatoria, procédense a realizar os contactos necesarios para a retirada do anuncio, ofrecendo criterios alternativos para eliminar o sexismo da mensaxe. No caso de que a publicidade sexa de ámbito non autonómico, a denuncia remítese ao órgano estatal competente.

Leer más:  Localizan el cuerpo sin vida del buceador que había desaparecido en el Orzán (A Coruña)

Ademais, a Comisión tamén atende ás peticións de asesoramento e traballa na difusión de boas prácticas, con accións como a publicación en 2016 dun díptico informativo que contiña indicacións para detectar o sexismo na publicidade, así como información sobre o funcionamento e funcións da propia Comisión. En total, distribuíronse 10.000 exemplares desta publicación entre a comunidade de profesionais do xornalismo. 


- Te recomendamos -