Inicio Galicia A comisaria e investigadora María Marco, recoñecida co II Premio CGAC de...

A comisaria e investigadora María Marco, recoñecida co II Premio CGAC de Investigación e Ensaio

0

O seu texto ‘Tigres en magnolias. A maxia como transformación na arte contemporánea’ foi o gañador nesta segunda edición do galardón

A crítica, investigadora e comisaria María Marco (Vigo, 1979), foi galardoada co II Premio CGAC de Investigación e Ensaio polo orixinal Tigres en magnolias. A maxia como transformación na arte contemporánea, un texto que explora o contacto entre ambas disciplinas.

O xurado, presidido polo director do CGAC, Santiago Olmo, e integrado polos profesores Susana Cendán, Miguel Anxo Rodríguez e Antón Castro, valorou especialmente a orixinalidade do enfoque e a calidade literaria dun ensaio produto dunha mirada multidisciplinar, que interrelaciona o culto e o popular, o persoal e o académico, o internacional e o local ao tempo que reivindica a figura dalgunhas artistas que, malia o seu talento e a importancia das súas achegas, non figuran nos manuais de historia da arte. Deste xeito, María Marco súmase ao artista Rosendo Cid, gañador do I Premio CGAC de Investigación e Ensaio polo texto A arte está feita dunha materia incerta e fragmentaria.

María Marco é licenciada en Humanidades e doutora cum laude en Belas Artes. Colabora desde 2014 en El Cultural do xornal El Mundo, cubrindo a área de arte contemporánea en Galicia, ademais de escribir para diferentes plataformas editoriais. Como comisaria, recibiu en 2012 o premio de comisariado do Master de Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas da Universidade de Santiago por Políptico, un comentario sobre a posta en valor do patrimonio.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre