Inicio Galicia A comisaria do Xacobeo 21 pon en valor a contemporaneidade do Camiño...

A comisaria do Xacobeo 21 pon en valor a contemporaneidade do Camiño na apertura das XII Leccións Xacobeas Internacionais

0

Cecilia Pereira participou na inauguración deste curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela que conta co apoio da Xunta de Galicia


A comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, participou hoxe na inauguración do curso de verán XII Leccións Xacobeas Internacionais, organizado pola Universidade de Santiago co apoio da Xunta de Galicia, que este ano está dedicado ao Pórtico da Gloria e ao Camiño de Santiago.

Na súa intervención, a comisaria do Xacobeo 21 agradeceu a presenza dos profesores e expertos internacionais que se trasladaron ata Santiago de Compostela para presentar as súas investigacións sobre a Ruta Xacobea. Ademais, subliñou o carácter “contemporáneo” do Camiño de Santiago. “Alégrame moito que estes estudos respondan a realidades contemporáneas dos peregrinos como a paisaxe ou o patrimonio”.

Na presente edición deste curso, os profesores Domingo González Lopo e Miguel Taín Guzmán, directores do curso, reúnen a nove especialistas chegados desde Estados Unidos, Filipinas e distintos puntos de España. Tras a inauguración, que se celebrou no Museo das Peregrinacións e de Santiago, abriuse a quenda de conferencias. A primeira correu a cargo de Kathleen Jenkins, directora do Pilgrims Institute del William and Mary College, que centrou a súa intervención nas peregrinacións en familia.

Seguiuna Chadwick Co Sy Su, profesor da University of the Philippines Manila, que trata o fenómeno da peregrinación e do turismo relixioso en Asia. Para culminar a xornada matutina, Melchor Fernández Fernández, profesor titular na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, céntrase no impacto socioeconómico do Camiño de Santiago nas localidades polas que discorre.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre