Inicio Galicia A comisaria do Xacobeo 21 destaca o "exemplo de superación" dos participantes...

A comisaria do Xacobeo 21 destaca o "exemplo de superación" dos participantes de 'Camina por la diabetes'

0


A comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, destacou o “exemplo de superación” do cento de peregrinos que esta mañá chegaron á Praza do Obradoiro procedentes do concello coruñés de Neda no marco da iniciativa Camina por la diabetes.

Cecilia Pereira participou no acto de recepción dos participantes desta actividade, organizada pola Fundación para la Diabetes, na que cen persoas con esta doenza completaron 106 quilómetros do Camiño Inglés para demostrar que a enfermidade non é un obstáculo. Trala recepción, na que participou un grupo de gaiteiros, tivo lugar unha solta de globos azuis, a cor oficial desa doenza, e posteriormente os participantes acudiron á misa do peregrino.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre