Inicio Galicia A Civil UAVs Initiative participa na feira XPONENTIAL 2019 en Chicago, a...

A Civil UAVs Initiative participa na feira XPONENTIAL 2019 en Chicago, a principal cita mundial na industria de drons

0

A Xunta acude ao evento internacional acompañada polas multinacionais Indra, Babcock e Boeing, as empresas galegas Marine Instruments, Ceres, Cartogalicia, Proyestegal, Análisis y soluciones de ingeniería, Aerolugo, Cinfo, Centum e Sixtema e os centros tecnolóxicos Gradiant e ITG

A Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), participará a vindeira semana, do 30 de abril ao 2 de maio, na principal feira do mundo na industria de drons, a XPONENTIAL 2019 en Chicago. Xunto a Gain asistirán á feira as multinacionais Indra, Babcock e Boeing -socias da Xunta de Galicia na Civil UAVs Initiative (CUI)-, as empresas galegas Marine Instruments, Ceres Gestión Sectorial, Cartogalicia, Proyestegal, Análisis y soluciones de ingeniería, Aerolugo, Cinfo, Centum Research&Technology, Soluciones y sistemas de información (Sixtema) e os centros tecnolóxicos Gradiant e ITG.

A participación da Civil UAVs Initiative nesta feira enmárcase no plan de internacionalización da iniciativa, que ten por obxectivo xerar novas oportunidades de negocio aos axentes implicados na CUI e contribuír a posicionar Galicia como un polo de referencia internacional no segmento dos vehículos non tripulados para uso civil. Ademais, darase a coñecer a BFAero, a aceleradora especializada no sector aeroespacial, cuxo obxectivo é crear e acelerar compañías innovadoras na cadea de valor do sector aeroespacial en Galicia capaces de captar, atraer e reter talento cara a nosa Comunidade.

O principal punto de encontro para o sectorA feira XPONENTIAL 2019 constitúe o principal punto de encontro a nivel internacional para o sector dos sistemas non tripulados aéreos, terrestres e marítimos. Organizada pola Asociación para Sistemas Non Tripulados Internacional (AUVSI, nas súas siglas en inglés) acada este ano a súa 47 edición. Na última visitaron o evento 8.500 persoas e contou con máis de 700 expositores. Por iso, dende a Xunta, valorouse que supón unha excelente oportunidade para as empresas que participan na CUI para establecer contactos comerciais, colaboracións tecnolóxicas, así como coñecer as tendencias e o futuro desta industria.

A participación galega na feira consistirá nunha área propia duns 15m2 dentro do Espazo España que coordina o ICEX (dependente do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo), cuxo custo será asumido polas empresas Indra e Babcock, así como a asistencia doutras dez empresas galegas e dous centros tecnolóxicos. As pemes galegas contan co cofinanciamento do Igape, a través do Plan Foexga, para custear os gastos de asistencia. En total, a delegación da CUI estará formada por unhas 30 persoas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre