Inicio Galicia A Cidade da Cultura organiza este serán unha andaina para recoller herbas...

A Cidade da Cultura organiza este serán unha andaina para recoller herbas de San Xoán nos espazos naturais do Gaiás

0

A ‘Andaina feiticeira’ ten prazas moi limitadas para cumprir coas medidas de seguridade sanitaria e están todas xa cubertas


A Xunta de Galicia organiza este serán unha andaina para recoñecer e recoller herbiñas de San Xoán polos espazos naturais da Cidade da Cultura −O Bosque de Galicia e o Parque do Lago− e para a que xa están esgotadas todas as prazas, ao ser moi limitadas cumprindo co protocolo de seguridade sanitaria marcado pola nova situación poscovid-19.

Herba luísa, malva, tormentelo, abeluria, estalote, codeso ou fiúncho. Estas sons algunhas das plantas que se irán amosando e explicando nesta actividade que leva por título Andaina feiticeira, xa que este rito forma parte da tradición popular que atribúe a estas herbas propiedades para purificar e espantar os males. Para iso, segundo este costume ancestral, hai que deixalas repousar e macerar en auga, ao ralentí da noitiña, para lavarse con elas ao erguerse pola mañá.

O Servizo de Educación, Mediación e Atención ao visitante da Cidade da Cultura será O encargada de guiar, entre ás 18,00 e 20,00 horas, as persoas inscritas polas zonas naturais do complexo da Cidade da Cultura. Todas deberán facer uso de máscara de protección para participar na andaina.

No percorrido axudaráselles aos participantes a identificar estas herbas e contarán con explicacións para afondar nesta tradición tan máxica, ao tempo que descubrirán nesta ruta como e de que xeito foron medrando estes espazos verdes do Gaiás.

Bosque de Galicia e Parque do LagoO Bosque de Galicia levántase nas ladeiras do monte Gaiás con preto de 12.000 árbores de especies autóctonas (carballos, castiñeiros, bidueiros, espiños, pradairos, abeleiras, érbedos, freixos, faias…). Trátase dun pulmón verde de 34 hectáreas que conta cunha rede de sendas peonís de máis de cinco quilómetros.

O Parque do Lago ten unha amplitude de 51.163 metros cadrados. Situado na ladeira do Gaiás próxima ao Viso, o Parque do Lago é un proxecto de rexeneración paisaxística dirixido pola arquitecta Isabel Aguirre, directora da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre