Inicio Galicia A Cidade da Cultura inaugura a exposición sobre Baldomero Pestana, retratista da...

A Cidade da Cultura inaugura a exposición sobre Baldomero Pestana, retratista da cultura hispanoamericana do século XX

0

Román Rodríguez destaca que se rescata e se pon en valor a un mestre da cámara descoñecido para o gran público, como foron no seu momento José Suárez ou Virxilio Viéitez

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, e o director de Instituto Cervantes, Juan Manuel Bonet, inauguraron hoxe na Cidade da Cultura de Galicia Baldomero Pestana, a verdade entre as mans, exposición que ambas institucións organizan de xeito conxunto para recuperar e pór en valor a obra do fotógrafo galego (Castroverde, Lugo. 1917-2015), descoñecido para o gran público, pero un referente da imaxe segunda metade do século XX.

A mostra sobre Baldomero Pestana chega ao Museo Centro Gaiás, tras recibir máis de 10.000 visitas durante os seus dous meses (desde o 15 de febreiro ao 8 de abril) na sede en Madrid do Instituto Cervantes. O proxecto está comisariado polo escritor Juan Bonilla e a galega Chus Villar, que estivo presente na inauguración, xunto aos familiares de Pestana, Antonio Polín Pérez e Carmen Rico Coira, responsables dos fondos de máis 17.000 negativos e obxectos persoais como documentos, cartas e cámaras de fotos que tamén se amosan na exposición.

Román Rodríguez subliñou a transcendencia deste proxecto para “pór en valor e difundir” a obra de Baldomero Pestana e para rescatar a un “mestre da cámara, descoñecido para o gran público” como o foron no seu momento, segundo lembrou, José Suárez o Virxilio Viéitez. “Descoñecidos egrexios que debemos tratar de recuperar e situar no lugar que merecen para salvaguardar todas as luces do noso legado como pobo”, reivindicou o conselleiro.

Leer más:  El BNG denuncia que Altri puede ser "el tiro de gracia" para una Ría de Arousa "en continua caída productiva"

De igual xeito, erixiu esta exposición como a “máis completa” realizada ata o momento sobre Pestana, na que se exhiben 158 fotografías, imaxes de denuncia social e retratos cos que inmortalizou a grandes escritores e intelectuais da literatura iberoamericana como Pablo Neruda, García Márquez, Vargas Llosa, Blanca Varela ou Norah Lange e tamén artistas como Dizzy Gillespie ou Man Ray.

Saldar unha débeda pendentePola súa banda, Juan Manuel Bonet ratificou o “interese compartido” coa Cidade da Cultura de “recuperar” a obra dunha “figura central” na galería dos fotógrafos hispanoamericanos do século XX e incidiu en que, con esta exposición, “sáldase unha débeda pendente” cun retratista “excepcional” cunha luz “vermeerina” na súas composicións. Ademais, enxalzou o seu “magnífico” labor como como fotógrafo social, á vez que salientou a súa capacidade de “atrapar” nos seus negativos “a alma” de cidades como Buenos Aires, Lima ou París.“Agardo que esta exposición se converta no retrato definitivo que fixe na nosa memoria a verdade do seu talento de galego universal”, reclamou Bonet, quen rematou a súa intervención amosando o compromiso do Instituto Cervantes para dar a coñecer dentro e fóra de España a obra de Pestana, xa que a vindeira parada desta mostra —tras a súa clausura o 2 de setembro na Cidade da Cultura— será en París, cidade que o marcou persoal e laboralmente.

Leer más:  Yolanda Díaz cree que las elecciones catalanas deben servir para "pasar página y caminar de forma diferente"

Finalmente, a comisaria da exposición, Chus Villar, chamou a atención non só sobre a “calidade artística” das fotografías, senón tamén sobre a “extraordinaria biografía” dun galego que percorreu o mundo cunha “ollada sensible e intuitiva, de admiración, de humildade e de interese polo detalle, por riba da procura do espectáculo”.

Peza audiovisualPrecisamente para achegarse á vida e ao universo creativo de Pestana, na exposición exhíbese unha peza creada ex profeso e extraída do documental ‘A imaxe reb/veleda’, produción dirixida por Andrea Vázquez García, producida por Miramemira e que se gravou durante os últimos anos de vida do fotógrafo, despois do seu regreso a Galicia.

Este mostra enmárcase nos proxectos expositivos da Cidade da Cultura para recuperar e pór en valor artistas galegos cunha gran calidade e cun importante recoñecemento no seu tempo e que foron inxustamente esquecidos, como é o caso de José Suárez (Allariz, 1902 – A Guarda, 1974). Precisamente, José Suárez. Uns ollos vivos que pensan remata a súa itinerancia este ano no Museo de Belas Artes da Coruña, tras a súa inauguración en 2015 no Museo Centro Gaiás e tras percorrer Madrid, Bos Aires, Montevideo, París, Toquio, Nova Delhi e Salamanca.

Leer más:  Díaz muestra preocupación por el plan de Altri, "complejo" porque "pone en riesgo un desarrollo sostenible"

Deseño da montaxe e programa de actividadesO deseño da montaxe da exposición corre a cargo da Oficina Técnica da Fundación Cidade da Cultura que baseou a súa proposta na cinta/banda de Moebius e ofrece un percorrido circular ao visitante coa idea de reflectir o periplo vital de Baldomero Pestana: saída de Galicia, de cativo, e volta xa na vellez, tras percorrer Arxentina, Perú e Francia.

A exposición complétase cun catálogo bilingüe de 322 páxinas cunha tirada de 1000 exemplares, cuxo deseño correu a carto de NUMAX, e cun programa amplo de actividades co fin de rescatar e pór en valor este fotógrafo e a súa obra, aos que se lle suma as visitas comentadas, e de balde. Toda esta información pode consultarse na páxina web da Cidade da Cultura de Galicia: www.cidadedacultura.gal. 


- Te recomendamos -